Oficina municipal de información xuvenil (OMIX)

 

OMIX

 

 

 

flecha Información Xeral separador


A Oficina Municipal de Información Xuvenil foi creada no Concello de Caldas de Reis no ano 1996, integrándose na Rede Galega de Oficinas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia. A O.M.I.X. está ligada ao Departamento de Cultura compartindo tarefas con este.

Nela, informamos, orientamos e asesoramos aos mozos sobre calquera materia que lles concerne, incentivando e facilitando a participación dos mozos na súa realidade social.

Tamén desde a O.M.I.X. desenvolvemos actividades de carácter xuvenil e xestionamos programas de apoio á mocidade, tanto no terreo do lecer e tempo libre, (cabalgata de reis, carnaval, "maios", campamento urbano), como na formación, emprego, axudas, etc.

 

Contacto:

Casa do Concello . Rúa Ferrería, 1 – 1ª Planta
Telf. : 986 540110- Ext. 5
Fax: 986 530393
Correo electrónico: omix@caldasdereis.com


Horarios:

de luns a venres de 9 a 14 horas.
Concelleira Delegada: María López Buceta.

 

flecha Carné Xove separador

 


carné xoveA O.M.I.X. de Caldas de Reis é oficina expendedora do Carné Xove. O Carné Xove, é unha tarxeta persoal e intransferible que poden facer os mozos e mozas , que os acredita como tal e coa que obteñen vantaxes e descontos dentro de todas as Comunidades Autónomas de España, así como nos 40 países europeos adheridos ao programa “Carné Xove”.

Poden facelo todos os mozos entre 12 e 30 anos (ambos inclusive), e terá unha vixencia de 2 anos desde o momento da súa expedición e sempre sen superar a idade límite.

Para facelo, deberase de cubrir un impreso de solicitude acompañándoo do DNI ou fotocopia do mesmo e abonar unha taxa de 6 €, mediante o impreso de taxas correspondente.

Na O.M.I.X. tamén informamos de trámites e lugares onde se expiden outro tipos de carnés como poden ser os de alberguista, estudante internacional, profesor internacional, etc.


flecha Vivendaseparador

 


A TafonaNo ano 2003, o Concello de Caldas entregou as primeiras vivendas dun total de 80, da 1ª Promoción de Vivendas de V.P.O. de Réxime Especial. Esta promoción estaba dirixida fundamentalmente a mozos que accedesen á compra da primeira vivenda. O sorteo das mesmas, os expedientes dos adxudicatarios, así como as axudas que recibiron os mesmos (máis de 1.200.000 €), foi xestionado e tramitado ante o IGVS, por parte da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

A partir desa data, na O.M.I.X. especializámonos en materia de vivenda e informamos e asesoramos nos trámites, dereitos, deberes e axudas á hora de comprar ou alugar unha vivenda, así como dos distintos programas e plans de vivenda que a Xunta de Galicia ten en vigor.


flecha Emancipaciónseparador


Informámosche de trámites para solicitar a Renda Básica de Emancipación, que é unha axuda para mozos con idades comprendidas entre 22 e 30 anos, cunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Concédense por un máximo de 4 anos. A cuantía a percibir son 210 euros para o pago do aluguer.


flecha Asociacionismoseparador


As asociacións (xuvenís, culturais, de mulleres, de veciños, etc.) son unha forma máis de expresión, de participación activa na sociedade. A través das asociacións fanse chegar novas ideas, compartir experiencias con outros mozos ou para levar a cabo proxectos que che interesen. Podes formar parte das asociacións existentes ou crear a túa propia asociación.

Para iso na O.M.I.X., indicámosche todos os pasos que tes que dar á hora de crear unha asociación, facilitándoche os modelos de estatutos e demais documentos necesarios, ou si xa a tes, asesorámosche achega das dúbidas e cuestións que se che susciten na xestión da túa asociación.


flecha Formaciónseparador


Informámosche sobre temas relacionados co mundo da educación formal e non formal: lexislación, itinerarios formativos, carreiras universitarias, ciclos formativos, estudos noutras Universidades e no estranxeiro, titulacións de lecer e tempo libre, cursos, etc.
Con periodicidade, dende a O.M.I.X, organizamos cursos, algúns deles en colaboración con outras administracións


flecha Empregoseparador


Poñemos á túa disposición publicacións periódicas, constantemente actualizadas con ofertas de emprego, así como si nolo solicitas enviámoschas vía correo electrónico para que esteas constantemente informado sobre as ofertas, así como os diferentes cursos formativos para acceder ao mercado laboral, ou actualizar os teus coñecementos e poder incorporarte a postos de traballo que as empresas ofertan.


flecha Bonos e axudasseparador

Bono transporte:

O Concello de Caldas ten dende o ano 2006 un convenio de colaboración coa empresa Castromil – Monbus, para axudar aos mozos caldenses que cursen estudos en Santiago, Pontevedra ou Vigo e que utilicen os autobuses desta empresa nos seus desprazamentos.

Para este curso 2014/2015, o Concello de Caldas de Reis, continua coa oferta das empresas Donado Campos, S.L. (La Estradense) para os estudantes que teñan que desprazarse a Pontevedra e coa empresa Monbus tamén para desprazarse a Pontevedra, Santiago ou Vigo.

Temos dous tipos de bonos, por unha banda para os estudantes que se desprazan diariamente e doutra banda para os mozos que se despracen unha vez á semán. En ambas modalidades de bono, o desconto que obteñen é aproximadamente do 50% con respecto ao prezo normal da viaxe. Para solicitalo, deberás traernos fotocopias de matricúla de onde esteas estudando, o impreso de pago de habela formalizado e o DNI.

Outras axudas:

Tamén che informamos de todas as axudas, así como os trámites para solicitalas, que as distintas administracións dispoñen para os mozos en calquera materia: estudos, vivenda, viaxes, etc.


flecha Programasseparador


Os distintos programas europeos, (de movilidadr, voluntariado, formativos, etc.), así como os distintos programas das administracións ou campañas (de verán, condución, etc.) dirixidos á mocidade, na Oficina Municipal de Información Xuvenil, podemos informarche deles.

A O.M.I.X., tramitou nos anos 2003 e 2004, a participación de mozos caldenses en tres programas europeos de movilidade, posibilitando o intercambio con Grecia, país ao que se visitou dúas veces e recibíronse mozos procedentes do citado país.


flecha Enlacesseparador

www.culturaquente.com

www.xuventude.net

www.cxg.org

www.proxectoiles.es

www.usc.es

www.uvigo.es

www.udc.es

www.xunta.es

www.empleoenred.org

 

flecha Impresosseparador

pdf Modelo acta fundacional asociacións

pdf Modelo estatutos asociacións

pdf Solicitude Carné Xove

pdf Solicitude axudas ao transporte en autobús