Fonte: Pontevedra para el Mundo
Patrimonio etnógrafico - Arquitectura civil.
A fonte das burgas:
localización: 42º 36´ 13" N - 8º 38´35 " O
(1881).A longa tradición das augas termais de Caldas de Reis, ven dende a época romana.Estas augas teñen unha composición que lle confiren propiedades curativas.
Esta fonte, pertence á tipoloxía de "fontes de cano", constituidas por dous canos ornamentados con cabeza de León, situados á saída do manancial, cun nivel máis baixo para acadar maior presión.
Está localizada nun recinto cuns elementos ornamentais que lle dan un aspecto neoclásico, moi preto dela, está o lavadoiro de roupa, que se abastece do mesmo manancial de auga quente.
A ponte BermaÑa
localización: 42º 36´ 22 " N - 8º 38´43 " O
Romana, século I. É unha ponte de sillería sobre o río Bermaña, no centro de Caldas de Reis . Por ela pasa o camiño portugués da ruta xacobea. Antes formou parte dun antigo camiño militar romano, que pasaba por Aquis Celenis.
Está formado por tres arcos de medio punto e trallamares de forma angular. No seu centro ten un pretil de pedra e o típico cruceiro de época posterior (posiblemente século XVII, no que foi reparado).
A ponte de Segade
localización: 42º 36´ 27,50"-N - 8º 37´17 " O
Ponte Romana de A Baxe, do século I, de un só arco, en Segade, a dous kilometros de Caldas, polo que pasaba a vía interior que ía dende Tui a Caldas. Os restos desta vía son perfectamente visibles na calzada que vai ao lugar. Esta ponte foi profundamente remodelada, no ano 1729, polo párroco do lugar. (Esa data está no cruceiro que estaba ao pé da ponte no momento da súa remodelación, e que logo foi levado para o atrio da igrexa (San andrés)
Parque - xardÍn botÁnico e carballeira
Localizacion: 42º 36´13" N - 8º 38´20" O
No centro urbao de Caldas de Reis.
A carón do rio Umia.
Foi declarado por Decreto do 5 de Setembro de 1962 "Paraxe Pintoresca e Xardín Histórico"
A Carballeira e o Parque Xardín son Bens de Interese Cultural (BIC), e aparte do seu contido natural, ten o valor de servir de expazo de encontro de diversos actos ao longo do ano, como son as festas patronais e sobre todo o festival de música Cultura Quente e Kaldarte.
Premio Gran de Área 2012 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia otorgado conxuntamente ao Concello, como promotor e ao estudo de arquitectura "Cerreda y Lorenzo Arquitectos".
Referecias:
“El Parque-Jardín y Carballeira de Caldas de Reis. Paraje Pintoresco y Jardín Histórico”
Carlos Rodríguez Dacal.- Concello de Caldas de Reis, 1999.- ISBN: 84-606-2889-2
Fervenza e paseo de Segade
Localizacion: 42º 36´26" N - 8º 37´22" O
Fervenza en Segade.
A carón da carretera que vai a Cuntis.
Aos seus pés, hai restos dunha antiga instalación hidroeléctrica, coñecida como a " fabrica da luz".
Un acondionado "paseo", discurre a carón do río Umia
Igrexa de santa María de Bemil
Localizacion: 42º 34´52" N - 8º 42 ´21" O
Igrexa de orixe románico, da que se conserva o rosetón da fachada occidental , un tramo do muro sur e a ábsida semicircular de gran pureza.
Os muros,( reconstruidos), conservan os modillóns románicos .
A torre-campanario é barroca.
Igrexa de Santa María, en Caldas de Reis
Localizacion: 42° 36' 00" N - 8° 38' 34.59" O
De orixe románica, sufriu importantes reformas e adicións.
Da antiga fábrica románica queda a ábsida rematada en testero plano, reforzada por contrafortes lateriais e modillóns na cabeceira.
Interesantísima a porta occidental, aloxada baixo un pórtico moderno, que soporta un campanario barroco. A destacar o "Agnus dei" do tímpano.
Consérvase a súa ábsida, rematada en testeiro plano con contrafortes laterais, e modillóns historiados na cabeceira. A porta occidental, está debaixo dun pórtico moderno que soporta un campanario barroco. Trátase dunha portada de dúas arquivoltas de medio punto e tímpano historiado sobre parellas de columnas. A destacar o AGNUS DEI no cumio da ábsida.
Igrexa de Santo AndrÉ de Cesar
Localizacion: 42° 36' 38 " N - 8° 37' 36 O
De orixe románica, século XII e reformada no século XVIII en estilo barroco.
Da antigua igrexa románica queda a ábsida (unha das mellores de toda a comarca).
Un semitambor de sillería con catro columnas que xeran cinco paños, con dous amplios ventanais nos dous centrais. As cabeceiras das columnas están figuradas, e teñen modillóns historiados.
Igrexa de San Estevo de Saiar
Localizacion: 42° 36' 27 " N - 8° 41' 11 " O
Tamén de orixe románica e moi transformada, sobre todo na cabeceira, que foi sustituida completamente.
Consérvanse o corpo da nave e as dúas portadas.
Unha desas portas (Fotografía), está profusamante decorada, ten o tímpano rebaixado de forma semicircular, e conta con dúas parellas de columnas con capiteis vexetais con volutas.
A outra portada da igrexa é aínda máis sinxela, cunha única arquivolta sobre un só par de columnas.
O conxunto en xeral, é de grande harmonía.