Servizos Sociais

 

 

flecha Información Xeral separador


SERVIZOS SOCIAIS e o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega,

Contacto:

Teléfono cita previa: 986 540 002 (ext. 3)
Fax:986541 005
ssociais@caldasdereis.com

DIRECCIÓN/UBICACIÓN:

Casa do concello
Ferrería 1, pranta baixa
36650 Caldas de Reis

Horarios:

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE LUNS A XOVES DE 9.30 A 13.30 HRS

 

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

MAR ADIANTE

pdfVER CARTEL

 

Pinchar en cartel para ampli

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conferencia

O Concello de de Caldas de Reis é socio do "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade".

www.fondogalego.org

 

 

 

 

 

flecha Programas básicos de acción:separador


PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades.
Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

 

PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Son obxectivos do SAF:

  1. 1-Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
  2. 2-Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
  3. 3-Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
  4. 4-Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
  5. 5-Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
  6. 6-Retardar ou evitar a institucionalización.
  7. 7-Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

O devandito programa está regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Caldas de Reis de Servizo de Axuda no Fogar. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.

 

pdf REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (BOP 15 - 09 - 2009)

pdf ORDEANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (BOP 15-06-2010)

 

PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL

Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

As accións que se levan a cabo tanto o nivel preventivo como a intervención directa en supostos concretos, desenvolveranse mediante as seguintes actividades:

  • flecha Accións de promoción e participación social.
  • flecha Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.
  • flecha Colaboración co Plan Galego de Inclusión Social
  • flecha Fomento do emprego a través da formación e orientación
  • flecha Xestionar as prestacións económicas e sociais establecidas, realizando o seguimento e avaliación na súa aplicación

 

 

PROGRAMA DE ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E INCLUSIÓN SOCIAL

Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.

Actuacións:

  • flecha Prevención de condutas aditivas
  • flecha Fomento do envellecemento activo (FOGAR DO MAIOR)
  • flecha Acollida e integración da poboación inmigrante
  • flecha Cooperación e fomento da solidariedade social
  • flecha Intervención con persoas discapacitadas
  • flecha Apoio ó desenvolvemento integral comunitario
  • flecha Elaboración e divulgación de campañas de sensibilización e mentalización social
  • flecha Fomento do asociacionismo e a participación prestando o oportuno apoio e asesoramento técnico
  • flecha Promoción dos grupos de autoaxuda  e do intercambio solidario
  • flecha Potenciación das organizacións de voluntariado social

 

PROGRAMA DE CONVIVENCIA ALTERNATIVA

Oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.

Actuacións:

  • flecha Detección e análise da necesidade.
  • flecha Xestión e seguimento dos casos e das circunstancias que o motivaron.
  • flecha Promoción de albergues, casas de acollida, e cantos outros equipamentos ou servizos sexan precisos para facelo efectivo

 

PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL

Detectar situacións de urxencia debido fundamentalmente ás novas realidades sociais que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Principalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias.
Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits, previa valoración das condicións socio-familiares económicas.

 

PROGRAMA DE EDUCACION FAMILIAR

Intervir en dous sectores moi importantes: A familia e a escola, actuando de mediadores entre sectores. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos de vida saudables. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dos seus membros a nivel profesional, escolar, ... e sobre todo fomento da convivencia familiar.

 

 

flecha Actividadesseparador

 

 

 

 

 

flecha Impresosseparador


pdf Modelo de instancia para solicitude de praza no programa terapéutico no balneario Dávila