Tráfico e seguridade
Contacto:
Policia Local
Teléfono oficina: 986540002
Servicio 24h: 609829292
Fax: 986539011
Protección Civil
Telf. 986191958
e-mail:
proteccioncivilcaldasdereis@gmail.com
Garda Civil
R C/ Ferrería, 70
Telf. 24 horas 900 101062
Que é e como funciona:
O Corpo de Policía Local, dependente do Concello de Caldas de Reis, ten como misión garantizar o libre desenvolvemento da convivencia cidadá, protexendo o exercicio dos seus dereitos e liberdades públicas. Os seus membros exercerán as súas funcións dentro dos límites do término municipal de Caldas de Reis, aínda que poden actuar fora cando os requira a Autoridade competente e, sempre, en situacións de emerxencia, así coma en servizos baixo a dependencia directa dos seus respectivos mandos inmediatos e ó mando do Alcalde, ou ben porque sexan autorizados pola xunta de seguridade ou, no seu defecto, polo Alcalde.
O corpo de Policía Local deberá exercer as seguintes funcións:
- Como Policía administrativa: velar polo cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demáis disposicións municipais.
- Ordear, señalizar e dirixir o tráfico no solo urbano legalmente dilimitado, (casco urbano de Caldas de Reis e todas as vías de titularidade municipal.
- Instruír atestados por accidentes e infraccións penais contra a seguridade do tráfico que se produzan no solo urbano legalmente dilimitado, (casco urbano de Caldas de Reis e todas as vías de titularidade municipal).
- Velar polo cumprimento das disposicións relativas ó medio ambiente.
- Protexer ás Autoridades da Corporación e custodiar ós membros dela que sexan designados pola Alcaldía Presidencia.
- Vixiar os edificios, parques, monumentos e xardíns, así coma tódolos lugares e bens que constitúen o patrimonio municipal.
- Cooperación nos actos de representación corporativa
- Como policía xudicial: auxiliar a xuíces, tribunais e fiscais na investigación de delitos e detención de delincuentes, cando sexan requiridos para elo, así como practicar as primeiras dilixencias de prevención e custodia de obxectos que proveñan dun delito.
- Efectuar dilixencias de prevención e todas aquelas actuacións que tendan a evitar un delito.
- Auxiliar en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública.
- Vixiar os espazos públicos.
- Colaborar coa Forza e os Corpos de Seguridade do Estado na protección de manifestacións e grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para elo.
- Cooperar na resolución de conflictos privados cando sexan requiridos para elo.
Impresos:
Relación de obxectos perdidos ano 2013, en depósito nas dependencias da Policía Local:
1 bolso
1 par de lubas
1 tarxetero
1 monedero
2 carteiras
1 gafas de sol
2 gafas graduadas
2 teléfono móbil
1 reloxo
1 mochila con obxectos de nenos
1 bandolera de home
fotos de neno
4 chaveiros con chaves
1 xogo de chaves
2 chaves de un coche
1 xogo de 5 chaves
1 xogo de 3 chaves
1 chave
1 anilla con llaves
Teléfono oficina: 986 540 002
O interesado debe cubrir o formulario, adxuntar a documentación que se indica e presentalo via rexistro no concello ou como dispón o art. 38 da LRJAPPAC.
AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL CALDAS DE REIS
Creada en novembro do ano 1996, con 26 voluntarios. No Pleno do 23-2-2001 apróbase o seu regulamento e o día 15-5-2001 publícase no B.O.P.
A A.V.P.C. do Concello de Caldas de Reis é un organismo local formado por voluntarios e supervisado polo persoal do Concello, que ten as competecias sobre Protección Civil.
Funcións ou competencias:
- Colaborar cos técnicos de Protección Civil a requerimento destos, nos estudos de riscos da localidade, preferentemente orientados a edificios, locais e establecementos de pública concurrencia.
- Colaborar cos técnicos de Protección Civil a requerimento destos, na divulgación dos plans de autoprotección de ditos centros.
- Colaborar cos técnicos de Protección Civil a requerimento destos, no mantemento dos plans territoriais municipais e plans de actuación municipal frente a riscos específicos.
- Confección cos técnicos de Protección Civil a requerimento destes, a realización de campañas de información e divulgación á población afectada polos distintos riscos, cumplindo as directrices dadas polo Concello.
- Participación nos dispositivos e operativos de carácter preventivo (en grandes concentración humanas, vixilancia forestal, etc.), sempre coordinados polo servicio competente que corresponda (Policía Local, Axentes Forestais, etc.)
IntervenciÓns:
- Apoio aos servizos operativos de emerxencias (Bombeiros, 061, etc.), en accidentes nas estradas, incendios urbáns e forestais, apoio sanitario, búsquedas e rescates, etc.
- Apoio as forzas e corpos de seguridade (Policía Local, Garda Civil, etc.) a requerimento deles en accidentes, búsquedas, seguridade en concentracións de persoas, tráfico, etc.) sempre coordinados polo servizo que corresponda
- Colaborar na atención dos afectados en emerxencias (evacuación, abastecemento, etc.) sempre coordinados polo servizo que corresponda.
A condición de Voluntario:
Poden formar parte da A.V.P.C. de Caldas de Reis todas aquelas persoas que estén dispostas a colaborar nas actividades propias dos Servizos de Protección Civil. A condición que teñen os voluntarios co Concello é gratuita e desinteresada, aínda así o voluntario ten dereito a estar asegurado contra os posibles riscos.
Os menores de idade, baixo o consentemento dos seus titores legais, podrán participar nas actividades de formación de Protección Civil, pero nunca podrán participar nos operativos que desenrolen.
Na actualidade a A.V.P.C. do Concello de Caldas de Reis conta con 19 voluntarios, dos cales 10 están operativos e 9 en disponibilidade.