09/02/2025
SAUDO DO ALCALDE >
ORGANIZACION MUNICIPAL >
PERFIL DO CONTRATANTE >
DESCARGA de IMPRESOS >
NORMATIVA MUNICIPAL>
DATOS SOCIOECONÓMICOS>
REXISTRO FACTURAS ELECTRÓNICAS>
PXOM CALDAS>
Saúdo do Alcalde
Estimados veciños e veciñas de Caldas de Reis:
É un honor dirixir este saúdo a todos vostedes a través deste espazo dixital, como alcalde da nosa querida vila. Como servidor público, o meu compromiso é seguir traballando para mellorar a calidade de vida de cada un dos caldenses, buscando sempre o benestar común e o progreso do noso concello.
Caldas de Reis é unha terra de tradición, historia e, sobre todo, de xente con gran capacidade de traballo e solidariedade. Xuntos, podemos seguir construíndo un futuro mellor para as nosas familias, os nosos mozos e mozas, e as nosas xeracións vindeiras.
A través desta páxina web, queremos ofrecerlles unha ferramenta de comunicación aberta, transparente e cercana, onde poderán atopar toda a información relevante sobre os servizos municipais, actividades e proxectos en marcha. é un espazo pensado para que poidan interactuar connosco, plantexar as súas inquietudes e participar activamente na vida pública do noso concello.
Anímoos a seguir participando e colaborando no desenvolvemento de Caldas de Reis. Estou convencido de que, con esforzo e unidade, conseguiremos avanzar cara a un futuro próspero para todos.
Reciban un cordial saúdo,
Jacobo Pérez Gulín
Alcalde de Caldas de Reis.