Turismo de Saúde en Caldas de Reis
O termalismo está tan presente en todas as páxinas da historia de Caldas que ata o seu nome reflectiu sempre este fenómeno.
A auga que durante séculos quenta os minerais e brota das entrañas da terra ofrecendo as súas propiedades curativas para o corpo e o espírito, é o recurso máis importante no nacemento e desenvolvemento de Caldas de Reis.
As augas minero-medicinais de Caldas pertencen ao grupo de augas sulfuradas cloruro-sódicas hipertermais. Desde o punto de vista da hidroloxía médica, este tipo de auga é, tanto pola súa temperatura como pola súa composición, das máis interesantes de todo o espectro minero-medicinal.
As augas de Caldas están indicadas para afeccións de vías respiratorias, reumáticas, pel, ginecolóxicas e quirúrxicas. Por outra banda, a fonte pública das Burgas, co seu típico marco ao aire libre, permiten realizar a cura hidropínica (toma de auga por vía oral).
A vila termal conta no núcleo urbano con dous balnearios. O Balneario Acuña mostra un edificio de arquitectura galega de principios do século XX, e o Balneario Dávila, que conta cun fermosísimo canaveral con canas de bambú, único no seu xénero.
Balneario AcuÑa
Dirección: R/ Ferrería 2
36650. Caldas de Reis
Teléfono: 986 54 00 10
INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS
Vías respiratorias, reumatismos, afeccións da pel e estrés.
INFORMACIÓN:
Pozo 1:
■Temperatura: 23,5ºC
■Tipo de augas: Cloruradas sódicas de mineralización media. Hipertermales, cloruradas fluoradas, silicatadas e bicarbonatadas, sódico-lítico, sulfurosas e radiactivas.
Pozo 2:
■Temperatura: 39,9ºC
■Tipo de Augas: Hipertermais, clorudadas fluoradas, silicatadas e bicarbonatadas, sódico-lítico, sulfurosas e radiactivas.
Balneario DÁvila
Dirección: R/laureano Salgado 11
36650. Caldas de Reis
Teléfono: 986 54 00 12
INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS
Vías respiratorias, reumatismos, afeccions da pel e estrés.
INFORMACIÓN:
■Temperatura: 45,2ºC
■Tipo de augas: De mineralización media, clorurado-sódicas, fluoradas, bicarbonatadas, sulfurosas e radiactivas.
Fervenza e paseo de Segade
Localizacion: 42º 36´26" N - 8º 37´22" O
Fervenza en Segade.
A carón da carretara que vai a Cuntis.
Aos seus pes, hai restos dunha antiga instalación hidroeléctrica, coñecida como a " fabrica da luz".
Un acondionado "paseo", discurre a carón do rio Umia
RUTAs DE SENDEIRISMO
>> Ruta da auga. PR-G 59
- Lonxitude aproximada: 5,1 Km.
- Dificultade: baixa.
- Tempo estimado: 2 horas
>> VÍA VERDE DO SALNÉS
- Transcurre entre Vilagarcía de Arousa (
https://maps.app.goo.gl/qtVqV6D32CNMNTn76 ), e a antiga estación de tren de
Portas ( https://maps.app.goo.gl/5smA5gGVK41Zk5Ht5 ).
- Lonxitude aproximada: 9,2 KM (18,4 KM ida e volta)
- Tempo estimado: 2 horas (4 horas ida e volta)