Fogar do Maior
O FOGAR DO MAIOR do concello de Caldas de Reis é un centro de carácter social ó servizo das persoas maiores. Un recurso xerontolóxico aberto á comunidade que se dirixe a promover o envellecemento activo, favorecendo o desenvolvemento persoal, a convivencia e a participación social.
Teléfono/fax: 986 540 523
fogardomaior@caldasdereis.com
DIRECCIÓN/UBICACIÓN:
Travesía San Roque, Nº 16 – Baixo
36650 Caldas de Reis
Horarios:
HORARIO DO CENTRO:
MAÑÁ: luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 h. Martes e xoves de 10.30 a 13.00 h.
TARDE: luns de 16.30 a 20.00 h.; martes de 15.00 a 21.30 h.; mércores de 16.00 a 20.30 h.; xoves de 15.00 a 21.30 h. e venres de 16.30 a 18.00 h.
FINS DE SEMANA: de 18.00 a 21.30 h.
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: luns e mércores de 10.00 a 12.00 h. e martes e xoves de 16.00 a 19.00 h.
ENVELLECEMETNO ACTIVO: facilitar a convivencia, a promoción, a participación e a integración social mediante a realización de actividades de ocio, culturais, recreativas e ocupacionais.
Igualmente, procura a realización de actividades tendentes a conseguir uns niveis máis altos de información, o fomento da participación persoal e comunitaria, así como o estímulo para levar a cabo accións de intercambio e de axuda mutua.
Facerse socio/a do fogar do maior
Requisitos:
- Persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello de Caldas de Reis.
- O/a cónxuxe do persoa socia ou ter relación de afectividade, aínda cando non reúna os requisitos establecidos no apartado anterior, condición que poderá manter en caso de falecemento de aquel en tanto non cambie de estado
- Excepcionalmente, quen sen alcanzar a idade de 60 anos, sexan pensionistas, ou cumpran algunha das seguintes circunstancias persoais: ser xubilado/a, ser viúvo/a, ter unha minusvalía recoñecida, circunstancias persoais de illamento, soidade ou outras análogas, necesidade de relación e/ou vinculación especial co concello, aínda que non resida nel.
Documentación precisa:
- Presentar a solicitude, conforme o modelo normalizado, debidamente cumprimentada e firmada no Fogar do Maior.
- Fotocopia do DNI/NIE, fotocopia da cartilla da Seguridade Social e dúas fotografías tamaño carné.
HORARIO ACTIVIDADES FOGAR DO MAIOR:
XIMNASIA DE MANTEMENTO
GRUPO DE MAÑÁN: martes e xoves de 10.30 a 11.30 h.
GRUPO DE TARDE: luns de 18.00 a 19.00 h. e mércores de 17.30 a 18.30 h.
OBRADOIRO DE MEMORIA
GRUPO I: martes e xoves de 16.30 a 18.00 h.
GRUPO II: martes e xoves de 18.15 a 19.45 h.
OBRADOIRO DE INICIACIÓN A INTERNET
GRUPO I: luns de 10.00 a 11.30 h. e xoves de 11.30 a 13.00 h.
GRUPO II: luns de 11.30 a 13.00 h. e mércores de 12.00 a 13.30 h.
GRUPO III: martes de 11.30 a 13.00 h. e venres de 11.30 a 13.00 h.
GRUPO IV: mércores de 10.30 a 12.00 h. e venres de 10.00 a 11.30 h.
OBRADOIRO DE PINTURA:
mércores de 18.30 a 20.30 h.
OBRADOIRO DE TRABALLOS MANUAIS:
luns e venres de 16.30 a 18.00 h.
BINGO:
martes ás 20.00 h.
LIGUIÑA DE BRISCA:
xoves ás 20.00 h.
BAILE:
venres de 19.30 a 22.30 h. no Hotel Sena.
ADEMÁIS NO CENTRO LÉVANSE A CABO ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS E PENSIONISTAS “CALDENSES”:
CORO:
luns de 19.00 a 20.00 h.
CHI-KUNG:
mércores de 09.30 a 10.30 h.
BORDADO E LABORES:
mércores de 16.00 a 17.30 h.
BINGO:
sábado ás 18.30 h.
HORARIO ACTIVIDADES FOGAR DO MAIOR
www.xunta.es/traballo-e-benestar