Centro de información ás mulleres


 

flecha Información Xeral separador


cimO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER é un recurso do teu Concello onde se realiza unha intervención global, a través do asesoramento, información, apoio integral e sensibilización da comunidade, para facer efectiva a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres .


 

Centro de información ás mullleres Contacto

R/Alfonso VII, 2 BAIXO
36650 Caldas de Reis
Pontevedra
Teléfono: 986 530 814
Fax: 986 199 711

mail:
igualdade@caldasdereis.com

 

 

Horarios:

Horario de atención: Luns a Venres de 9:00 a 14:00 horas
Asistencia Xurídica: Luns e mércores de 16.00-21.00hrs e Xoves de 9.00-14.00 H.
Asistencia Psicolóxica: Luns e mércores de 9.00-14.00hrs e Martes de 16.00-21.00 H.
Cita previa no teléfono 986 530 814

 

 

flecha Principios de Actuación separador


1. Garantirase o anonimato na identidade das usuarias.
2. Respecto a súa vontade na busca de solucións e alternativas.
3. Gratuidade de todos os servizo que se presten.
4. Respecto a confidencialidade que garantirá a privacidade das comunicacións.

 

flecha Servizos separador


- Orientación Psicolóxica.
- Información e Asesoramento Xurídico.
- Orientación Profesional e Animación ao Emprego.
- Prevención e Atención da Violencia de Xénero.
- Promoción da Igualdade entre mulleres e homes.

 

flecha Que ofrecemosseparador ?

 

AtenciÓn social

- Informar e orientar ante problemáticas derivadas da violencia de xénero e derivar ós
departamentos específicos.
- Informar e xestionar os recursos e axudas económicas dispoñibles no ámbito territorial.
- Orientación laboral e asesoramento para a búsqueda activa de emprego.
- Exploración e intervención na rede social , familiar e laboral d@s usuari@s.

Asesoria xurÍdica

- Dereito de famila /separacións, divorcio, réxime de visitas, unións de feito...
- Incapacitacións e declaracións de prodigalidade de maiores ou afectados por trastornos psíquicos severos.
- Dereito laboral, da Seguridade Social e dereito administrativo en xeral.
- Dereito de estranxeira e dereito Penal.
- Tramitación e acceso á xustiza gratuíta.
- Asesoramento xurídico integral nos casos de violencia de xénero.

 

Asistencia psicolÓxica

- Terapia individual : ansiedade, depresión, dificultades emocionais, …
- Terapia grupal: autoestima, relaxación,….
- Terapia familiar: separación, problemas de parella, dificultades cos fillos,…
- Asesoramento de parella: dificultades de comunicación, Educación e evolución sexual, planificación,…
- Asistencia específica en casos de violencia.