XARDÍN BOTÁNICO E CARBALLEIRA


 

 

flecha Información Xeral separador

frecha  Aberto permanentemente.

frecha  Accesos e infraestructuras adaptados para persoas con diversidade funcional.

frecha Permítese o acceso con animáis.

frecha  Entrada gratuita.

 

Contacto
          Telf: 986 540 002 / 986 540 110
           mail: cultura@caldasdereis.gal

 

O Parque Xardín e Carballeira ten a súa orixe no ano 1884, froito dunha iniciativa municipal e ligado ao auxe da cultura termal na vila de Caldas durante a segunda metade do S. XIX.  O recinto alberga tanto especies autóctonas coma dos cinco continentes, seleccionadas, identificadas e rexistradas baixo criterios científicos, sendo un valioso instrumento educativo e cultural para os visitantes.

 

Jardines de Caldas

 

Varias destas especies encóntranse incluidas no "Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia”: A Araucaria do Brasil, a Cunnigamia lanceolada e a formación arbórea da Carballeira, esta última declarada coma Conxunto no devandito Catálogo.

Compre destacar tambén a súa colección de camelias, con exemplares centenarios de camelia xapónica, que destacan polo seu gran tamaño, varios exemplares das especies reticulada e sasanqua e un exemplar de camelia reticulata “Caldas”, plantada no ano 2016 en honor ao científico Francisco José de Caldas e incorporada no Rexistro Internacional da Camelia no ano 2021.

Xardíns de Caldas

 

Na actualidade, o Parque Xardín e Carballeira posee a catalogación de Bien de Interés Cultural (BIC) como “sitio histórico” e conta coa Q de Calidad Turística del ICTE (Instituto de Calidad Turística Española) como Espacio Público Singular.

Nos últimos anos, a traxectoria e accións realizadas polo Municipio de Caldas na mellora dos espacios verdes urbanos foi premiado no certame Vilas en Flor con tres Flores de Honra; así mesmo ecentemente o Xardín Botánico e a Carballeira obtiveron a certificación de destino botánico de turismo científico do Observer Science Tourism.

https://www.observersciencetourism.com

“Destacamos a xestión sostible para promover a biodiversidade de espazos realmente senlleiros coma son o Xardín Botánico e a Carballeira. Tamén valórase o bo mantemento do arboredo e da flora natural da ribeira, o uso de fentos en zonas sombrías do Xardín Botánico e na Avenida Ramón López”

Xurado do certame Vilas en Flor