O camiño de Santiago, no seu paso por Caldas de Reis


 

 

flecha Información Xeral separador

O Concello de Caldas pon a disposición dos peregrinos que realicen o Camiño de Santiago o Pavillón Polideportivo Municipal para grupos organizados de máis de 65 persoas. Os menores de idade deberán estar acompañados de adultos responsables.

Deberase presentar instancia dirixida ao Sr. Alcalde de Caldas de Reis, indicando:
- Nome e DNI/CIF ou similar da persoa ou entidade responsable
- Enderezo
- Nº aproximado de peregrinos
- Data da estancia e hora aproximada de chegada a Caldas
- Nº de teléfono da persoa de contacto

Google earth Google earth, o camiño Portugués (dende Tui a Santiago) detalle.

 

Caldas de Reis e o Final da etapa 4 (Km 23),e o inicio da etapa 5 do camiño Xacobeo Portugues dende Tui.

 

Na sección HOSTALERÍA poderá consultar a información de contacto dos albergues, pensións,
hoteis e balnearios, así coma dos distintos bares e restaurantes que conforman a oferta
hosteleira da vila de Caldas.

http://caldasdereis.com/hostaleria.php

flecha O tramo do camiño, por caldas de Reis separador


Caldas sempre foi punto obrigado de tránsito para os peregrinos portugueses e para os extranxeiros que entraban en Galicia por Tui, polos portos de Baiona, Vigo e Pontevedra, siguindo a Santiago polo traxecto marcado polas duas vías romanas, a XIX e a XX, que atravesaban a provincia de Pontevedra.

Hoxe é un dos municipios que máis percorrido ten no Camiño Xacobeo Portugués, que empeza na Parroquia de Arcos da Condesa, e discurre polo centro de Caldas ata as parroquias de Bemil, Carracedo e San Clemente.

Ao su paso polo centro urbano de Caldas, os peregrinos atravesan o río Umia sobre a ponte da Ferrería baixando por diante das Burgas ata a Rúa Real e a Ponte Bermaña, onde todavía se conservan numerosas casas blasonadas no seu centro histórico e o aire medieval da ponte de factura romana.

A igrexa de Caldas, está adicada a Sto. Tomás Becket debido ao paso deste como peregrino a Compostela.

Numerosas son as citas que escritores e persoas recoñecidas deixan nos escritos sobre o Camiño Portugués, tales como o Pai Sarmiento, que destaca os lugares de boa comida en Caldas, así como a mención ao auga quente, os ríos e ao hospital de San Roque que acollía e curaba aos peregrinos.

 

Perfiles

O tramo do camiño que pasa por Caldas de Reis, e o final dunha etapa (4), e o principio doutra(5).


Etapa 4: Pontevedra - Caldas de Reis

camiño Portugues

Etapa 5: Caldas de Reis -Padrón


Camiño Portugues

 

FotografÍas do tramo


Inicio do camiño en Tivo

Capela de Santa Lucia

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Inicio do camiño a carón da Capela

Primeiros tramos do camiño

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Chegando a Tivo

Fonte e cruceiro en Tivo

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Sta. María . (entrando en Caldas)

Rúa de Santa Marta

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Fonte das Burgas

Santo Tomé

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Ponte Bermaña

Fonte na capela de San Roque

Camino de Santiago- Caldas de Reis
Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Via romana

Sobreira

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Fito (inicio tramo carracedo)

Chegando a Carracedo

Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Selado de credenciais en Carracedo

Cruzando a N-550

Camino de Santiago- Caldas de Reis
Camiño de Santiago / Caldas de Reis

Igrexa de carracedo

Boa viaxe...

 

 

 

flecha Videos separador


Etapa 4 (Pontevedra - Caldas de Reis) Etapa 5 (Caldas de Reis - Padrón)

 

 

 

flecha Folletos informativos separador

pdfGuía de consellos (0,8 Mb.)

pdfOs camiños de Santiago en Galicia - Camiño Portugués (6,3 Mb.)